Son Paloma, tradutora, localizadora e revisora. Especialízome principalmente en tradución audiovisual, localización e tradución técnica, pero tamén realizo outro tipo de traducións (literaria, xeral e médica, entre outras).
Os idiomas cos que traballo son: inglés, alemán, galego e español.
Se queres saber máis sobre a miña formación e experiencia profesional, bótalle unha ollada ao meu currículo.
Queres poñerte en contacto comigo ou pedir un orzamento? Envíame un correo a paloma@palomabcr.com ou enche o formulario de contacto.
Estou especializada en tradución audiovisual, localización e tradución técnica, pero tamén traduzo documentos de ámbitos máis xerais e reviso todo tipo de documentos.
Se precisas algún destes servizos, non dubides en poñerte en contacto comigo:
Podes enviarme un correo ou cubrir o formulario e responderei o antes posible, en menos de 24 horas terás a resposta na túa caixa de entrada!